Skip to main content

O mércores 26 ás 21 horas na Polideportiva nº1 de Riazor, o Clube  Galicia Rollers de Hockey Liña organiza unha nova xornada de portas abertas para a captación de xogadores/as para o equipo sénior de cara á que sería a súa primeira tempada na liga autonómica de hockey liña.

 

A sesión de adestramentos estará dirixida por Marco Antonio Lofiego, ex-xogador profesional da Selección Venezolana coa que participou nos campionatos panamericanos e suramericanos e no campionato Narch 2006 (NORTH AMERICAN ROLLER HOCKEY CHAMPIONSHIPS ) na cidade canadiense de Toronto.

 

Galicia Rollers segue apostando así pola mellor ensinanza posible en todas as súas disciplinas además do hockey liña, como é a patinaxe en liña, freestyle ou simplemente rutas a patíns pola cidade, coa colaboración do Concello da Coruña, fomentando outra forma máis saudable e sostible para moverse pola cidade.