O pasado martes día 31 de Outubro, máis de 60 patinadores se deron cita nunha nova ruta nocturna a patíns, facendo así a segunda edición coincidindo coa festividade na honra dos nosos mortos, tradición de orixe celta e coñecida por todos como “Samaín”.
A saída e chegada foi na Praza de María Pita, como punto neurálxico para comenzar a rodar polas rúas da cidade, aproveitando a fabulosa noite e temperatura tódolos participantes, que ían dende os 5 ata os 58 anos de idade.
Por suposto, todos eles vestidos para a ocasión, ataviados cos disfraces “máis terroríficos” e algún deles con ferramentas simulando ata unha motoserra encendida, que fixo as delicias das mentes máis retorcidas.
Unha noite máis de celebración que disfrutaron ao máximo pequenos e maiores, e que seguro todos querrán repetir novamente.