Skip to main content

Hai unha vez o ano no que meigas, trasnos, diaños, e monstros se poñen os patíns para sair a percorrer as rúas da Coruña. Para este evento especial xa temos unha data que será o luns 31 de octubro víspera do día de «Todos os santos»
Faremos unha ruta sinxela cun percorrido sinxelo e curto polas rúas da zona centro da Coruña, para que tantos nenos e grandes poidan facela sen problemas. Recorda que polo menos as de saber frear, subir e baixar un bordillo e patinar pola rúa.

Sairemos as 21h30 da Praza de María Pita polo que aconsellamos que estedes media horiña antes, e remataremos a ruta na misma praza. Como e habitual logo recuperamos nos locais da zona.

Agora tocache preparar o teu disfraz, non che será unha tarefa doada porque recorda que irás en patíns. Queremos ver moitos seres que dean medo, tanto grandes como pequenos, o máis importante vai ser pasalo ben xuntos.

Quen será o máis terrorífico???

 

Este percorrido enmárcase dentro do programa de actividades do clube en colaboración co Concello da Coruña e a Concellería de Mobilidade, para promover o uso dos patíns como forma de mobilidade sostible.

En caso de que a actividade se suspende se comunicará os inscritos unhas horas antes do comezo. Rogamos en caso de dúbida revisar as redes e os emails.

Os patíns NON CONTAMINAN, ÚSAOS!!