O pasado domingo xuntábamonos a carón do Obelisco para saír nunha ruta a patíns organizada por Galicia Rollers, e que estaba dentro das actividades programadas pola Concellaría de Mobilidade da Coruña. Trinta patinadores dispostos a percorrer as rúas do centro da cidade, pero tivemos un invitado que nos estragou a xornada deportiva dominical: a choiva.
Ao non poder saír por perigo de esbarrar, tivemos tempo de falar co concelleiro de Mobilidade, Daniel Díaz Grandío e o asesor da mesma concellaría, Eduardo Yoldi, das vindeiras actividades que dende o clube Galicia Rollers realizaremos coa colaboración do concello da Coruña.
Foto: Victor Echave La Opinión Coruña.