RUTA DÁ MULLER que realizaremos o XOVES 08 DE MARZO. TRAE OS TEUS PATÍNS É DE BALDE !!!!
Por suposto será unha ruta cunha dificultade sinxela, para que prime a diversión e o bo rolo. A actividade comeza na Praza de María Pita ás 11h30 e percorrerá a zona da Mariña, Parrote, e Dique de Abrigo e algunha rúa da zona centro, cun percorrido sinxelo e sen costas pensado para grandes e pequenos. A duración estimada é de 1 h 30 min.
Animamos a todas aquelas mulleres que igual que se realizan nas consolidadas Carreiras da Muller veñan con algunha peza rosa, queremos MOZAS ROLLERS!!!!. É un acto que conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Un día no que o feminismo triunfa e onde homes e mulleres han de ser iguais, e por iso tamén queremos animar ao xénero masculino a se que veñan cunha peza rosa como obxecto simbólico, a celebrar este día. Imos crear unha gran MAREA ROSA!!!
A asistencia é de balde. Non é unha carreira, é un paseo e os participantes deberán seguir as indicacións dos stoppers. Aqueles que por condición ou nivel de patinaxe atrasen todo o grupo, non poderemos esperar por eles nin remolcalos polo bo funcionamento da actividade. O grupo debe ir compacto. Ante choiva ou previsión de choiva, resérvase o dereito á cancelar a actividade, comunicándoo a través dos nosos medios de difusión.
Galicia Rollers realiza estas rutas abertas a todo o mundo carentes de lucro algún e contando con persoal voluntario, co fin de fomentar a patinaxe e que sexa accesible a calquera persoa que queira patinar en grupo, sempre que respecte e cumpra coas ordes de organización.
Datos
Ruta : Ruta da Muller
Salida: Plaza de María Pita
Llegada: Plaza de María Pita
Hora de quedada: 11h00
Hora de salida: 11h30
Distancia: 6 km
Duración aprox: 1h 30min